Nacho e Pancho

Nacho Munilla e Pancho Lapeña, malia non estar unidos por unha relación de parentesco, comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e mesmo minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria.

Nacho é doutor en bioloxía especialista no estudo das aves e dos lugares nos que elas viven. A primeira observación ornitolóxica da que reivindica ter consciencia tivo como protagonista a un macho de merlo que estaba a papar froitos de hedra diante da fiestra da cociña da casa das súas tías aboas, Raquel e Aurita. Tal fenómeno conteceu en Allaríz, na década de 1970.

Pancho, teimudo cazador de anécdotas de acuidade visual avantaxada, lembra a sua primeira experiencia aviar, cando ficou sepultado diante da basílica de El Pilar por centos de pombas ás que pretendia alimentar con faragullas de pan. Este incidente aconteceu no último ano daquela mesma década, e lonxe de ser traumatico resultoulle interesante. De feito, Pancho debuxa e pinta as pombas con xeito, co mesmo xeito, inspirador e poético, que emprega co resto das aves e adoita combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a docencia da filosofía.