
Guía definitiva dos peixes da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 11, 2024
Guía definitiva das aves da Galiza
Con opción de dedicatoria
23,00 €
A recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego. Unha guía perdida, culta, naif e definitiva.
Na Guía definitiva das Aves da Galiza describimos 33 especies de paxariños comúns da avifauna do noroeste ibérico e informamos sobre as trazas que mellor as describen; sobre a súa bioloxía, hábitats, costumes e personalidade. Incluimos tamén unha sección de etnografía e folclore paxareiro, por veces popular, por veces literaria. Tódolos paxaros van ilustrados nas súas cores e levan a carón a súa copla, canción ou poema manuscrito.
Idioma galego
Encuadernación tapa dura
Tamaño 24×17 cm.
112 páxinas
A guía perdida
O 11 de novembro de 1944 a imprenta de John Constable & Sons, en Londres, resulta gravemente afectada por un dos mísiles V2 cos que o agoniante réxime nacionalsocialista alemán pretendía, á desesperada, tornar o curso da guerra. Segundo indica o correspondente inventario do rexistro sinistral, entre as cuantiosas perdas provocadas polo incendio que ao longo dos seguintes días devastaría prelos e almacéns figuraban os caixóns nos que se embalaran os tres mil exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, de Salvador Lueiro Deloy, listos para seren enviados por barco ao Centro Galego de Bos Aires. E ben podería rematar aí a historia da Guía, esvaída en fume e cinza, de non ser porque a casualidade quixo que tivésemos a sorte de dar cun atado de documentos que durmía nos arquivos da Biblioteca Alexander do Edward Grey Institute of Field Ornithology, a xoia documental do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Esta obra quere rescatar esa Guía perdida, naif, culta e definitiva e, ante todo, rescatar ao seu autor, Salvador Lueiro, un de tantos homes de ciencia e ben obrigados a marchar á forza desta terra nosa.
| Peso | 1 kg |
|---|---|
| Dimensións | 25 × 20 × 1 cm |



