
Guía definitiva dos peixes da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 11, 2024
Guía definitiva dos mamíferos da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 11, 2024
Guía definitiva dos anfibios e reptiles da Galiza
Con opción de dedicatoria
23,00 €
Unha guía culta e naif para coñecer os anfibios e réptiles da Galiza e combatir a herpetofobia
O feixe de criaturas que aquí presentamos constitúe a meirande parte dos representantes do grupo dos hérpetos que adoitan vivir na Galiza, concretamente tratamos 14 especies de anfibios e 16 especies de réptiles. Ademáis de describir como son e os lugares onde viven, damos conta dalgúns cantares, poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. A cada especie correspóndelle un poema e, como mínimo, un conto.
Idioma galego
Encuadernación tapa dura
Tamaño 24×17 cm.
112 páxinas
Abaixo a herpetofobia!!
Como resultado dunha insidiosa e teimuda campaña de difamación desenvolvida ao longo de séculos, os hérpetos veñen sendo, seguramente, o grupo de seres vivos máis desprezado pola humanidade. Que unhas criaturas tan marabillosas e extraordinarias nas súas feituras e maneiras de vivir (e que tanto ben lle fan ao planeta) sexan vilipendadas e perseguidas é unha inxustiza. É por mor da terríbel inxustiza que se está a cometer cos hérpetos que a nosa guía é combativa. Quere trascender a súa condición de libro e adquirir unha natureza armamentística (no sentido máis metafórico posible do termo) como ferramenta contra a herpetofobia, ou sexa, contra o desprezo e a difamación dos anfibios e réptiles. Viva a herpetofilia!!
| Peso | 1 kg |
|---|---|
| Dimensións | 25 × 20 × 1 cm |




