
Guía definitiva dos anfibios e reptiles da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 11, 2024
Lámina Carriza
Decembro 11, 2024
Guía definitiva dos mamíferos da Galiza
Con opción de dedicatoria
23,00 €
30 especies de mamíferos, descritas, ilustradas e comentadas como nunca antes foran descritas, ilustradas ou comentadas
Esta guía describe 30 animais mamíferos dos campos e montes da Galiza e recolle algúns dos poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. A ficha de cada mamífero contén a descrición da súa feitura e da súa ecoloxía, un feixe de símbolos, unha ilustración marabillosa a páxina completa, un poema ou canción linda e un conto metade real metade fantástico.
Idioma galego
Encuadernación tapa dura
Tamaño 24×17 cm.
112 páxinas
O derradeiro dos moicanes
Unha guía ideal tanto para aquelas persoas que non coñecen mamífero ningún (se é que isto fose posible) como para aquelas que os coñecen todos (se é que isto fose realmente posible). Queremos que as nosas lectoras e lectores se fagan unha idea (boa) de como é a fauna de mamíferos da Galiza. Isto supón dar a coñecer aos mamíferos ignorados, aqueles nos que ninguén repara. E porque gostamos dos desafíos, das causas perdidas e de levar a contraria, a Guía reivindica aos animais perseguidos e deostados: aos roedores, aos morcegos, ao xabarín, ao lobo… Esta Guía quere ademáis ser unha homenaxe ás persoas que estudan os animais de portas para fóra. No campo, no monte, na selva, no mar. Unha homenaxe a unha caste, unha liñaxe que disque está a desaparecer por causa dos avances tecnolóxicos destes últimos tempos. Unha homenaxe logo aos últimos moicanes da zooloxía de campo e moi especialmente ao noso amigo Rafael Romero “Chiño”.
| Peso | 1 kg |
|---|---|
| Dimensións | 25 × 20 × 1 cm |



