
Guía definitiva das aves da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 5, 2024
Guía definitiva dos anfibios e reptiles da GalizaCon opción de dedicatoria
Decembro 11, 2024
Guía definitiva dos peixes da Galiza
Con opción de dedicatoria
23,00 €
Unha guía naif, culta e definitiva para coñecer os peixes e peixiños dos mares galegos.
Na «Guía Definitiva dos Peixes da Galiza» describimos 51 peixes dos mares galegos, damos conta dos seus múltiples nomes e máis arrexuntamos algúns dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan. Presentados e representados por parellas en fermosas ilustracións orixinais, a meirande parte deles cumpren coas condicións seguintes: son de tamaño pequeno ou mediano; son comúns; e son doados de observar nas augas das costas atlánticas ibéricas no radio de acción dunha persoa que saiba mergullar a pulmón (ou cando menos propulsarse pola superficie da auga cos óculos de mergullo postos).
A guía é igualmente útil en todo tipo de peixarías.
Idioma galego
Encuadernación tapa dura
Tamaño 24×17 cm.
112 páxinas
Á procura dos nomes dos peixes
O proxecto que propiciou este libro de peixes é consecuencia dunha teima impulsora que ficou latente por moitos anos no corazón do máis novo de nos, de Pancho, a quen sempre lle buliu no corpo a idea de desfacer o galimatías dos nomes dos peixes na Galiza. Despois de ter asistido ao longo dos anos a centos de debates espontáneos entre xentes do mar sobre cal era ou cal non era o nome de tal ou cal peixe, un día da primeira decena do mes de xaneiro de 2017, segunda feira, Lapeña, toucado de pucho de la, calzado cunhas deportivas Converse e vestido cunha camiseta mordida na fita do pescozo, pantalon de camuflaxe multipetos e casaco, saíu da casa no seu carro, levando por únicas armas un cartafol con 26 láminas orixinais de peixes en parellas disposto a comezar coa recompilación dos nomes que se lle dan aos peixes no país. Nos catro portos que percorrera naquela primeira aventura faláronlle dela.
Nos catro dixéronlle que xa unha muller pasara por alí hai moitos anos preguntando como preguntaba el polos nomes dos peixes. E foi por iso, porque o seu plan orixinal xa non tiña sentido, que o traballo previsto sobre o léxico asociado aos peixes mudou, ao mesmo dia de comezar, nunha investigación detectivesca sobre a identidade dunha lexicógrafa que se lle adiantara 50 anos. A solución do enigma, a chave da identidade desa muller foi resultado dun xiro insospeitado nun lugar ata certo punto inverosímil: a máis traxica e deserta das illas galegas, Coelleira.
| Peso | 1 kg |
|---|---|
| Dimensións | 25 × 20 × 1 cm |



